O veciños de Vila de Cruces participan na gravación do programa “Bamboleo”
O Concello de Vila de Cruces organiza unha viaxe para asistir á gravación do programa da Televisión de Galicia “Bamboleo”. Esta viaxe será o martes, día 6 de maio de 2014. Hai 50 prazas, para maiores de 16 anos, que serán asignadas segundo a orde de inscrición. As inscricións pódense facer directamente no concello ou ben chamando aos números de teléfono 986582017 ó 986592616. O autobús sairá ás 18:45 horas da Praza Juan Carlos I.
5 de maio de 2014 | 17:18 • Sen comentarios











