O Usmanov Classical Russian Ballet pecha o ciclo de danza no Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O Usmanov Classical Russian Ballet, fundado e dirixido polo bailarín Hassan Usmanov, pecha este venres 30 ás 20.30 horas o Ciclo de Danza Clásica de maio con O Lago dos Cisnes, o clásico ballet con música de Piotr Tchaikovsky e coreografía Marius Petipa.

Hassan Usmanov fundou a súa compañía de danza no 2004, o grupo está formado por artistas consagrados e mozos bailaríns graduados nas escolas e academias máis importantes de Rusia e teñen en repertorio os grandes ballets clásicos como O Lago dos Cisnes, A Bela Adormecida, O Quebranoces, Giselle, etc. Usmanov – director e bailarín principal da compañía- recalcou que a coreografía que poñen en escena é a orixinal de Marius Petipa ‘presentamos las coreografías clásicas originales, vamos a la esencia del ballet dando a conocer la fuerza y belleza de la danza clásica’. A compañía realizou xiras de grande éxito tanto dentro como fóra de Rusia. Foi acollida con entusiasmo en Austria, Alemaña, Grecia, Finlandia, Israel, España, Ucrania ou Xapón.

Esta característica de preservar as coreografías orixinais é o que destingue ao Usmanov Classical Russian Ballet doutras compañías de danza rusas. Hassan Usmanov, afirmou que O Lago dos Cisnes é unha historia que sempre cativa ao público ‘es una historia de amor fantástica y no es difícil de entender porque, igual que ocurre en el lago, todo tenemos una parte blanca y una parte negra’. O bailarín afirmou tamén que o seu final de O Lago dos Cisnes garda unha sorpresa final ‘todas las compañías tienen su final, me guardo el secreto del nuestro para que el público que quiera descubrirlo venga a vernos’.

As entradas pódense  adquirir a partir do luns 12 de maio a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén nos despachos de billetes do Teatro Colón, do Centro Sociocultural Novacaixagalicia e na web de Servinova a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.

 

27 de maio de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.