O TSXG desestima o recurso de apelación de ESCOR contra o proceso de concesión da recollida de lixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonforte de Lemos
A-
A+

A concelleira de Facenda, Mª Xosé Vega, informa que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto pola empresa ESCOR, anterior concesionaria do servizo público de limpeza viaria urbana e recollida de lixo en Monforte.

A empresarecorrera os pregos administrativos elaborados polo Concello para levar a cabo a actual concesión do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. ESCOR xa perdera esta demanda perante o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, que dictara sentenza o 28 de xuño de 2013, pero recorreu perante o TSXG. Este Tribunal desestimou o recurso de apelación da empresa e dictou que contra o seu fallo non cabe recurso ordinario algún.

Recentemente, ESCOR perdeu outra demanda contra o Concello na que lle reclamaba o pago de 516.562,53 euros. Esta cantidade englobaba diversos conceptos: intereses de demora no pagamento de facturas, gastos bancarios, e compensación polo desequilibrio económico-financeiro da concesión.

O Xulgado só estimara parcialmente a reclamación da empresa en canto ó retraso no pago de facturas, e na cantidade de 39.598 euros fronte ós 71.332,86 que reclamaba ESCOR por este concepto.

4 de maio de 2014 | 10:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.