O Teatro Principal acolle a Gala das Letras da Asociación de escritores en lingua galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Teatro Principal acolle esta noite a Gala das Letras organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) a partir das 20.00 horas. A Concellaría de Cultura colabora coa Asociación na organización da Gala. Na gala fallaranse os premios AELG 2014 ás mellores obras de 2013 nas categorías de ensaio, literatura infanto-xuvenil, poesía, narrativa, tradución, teatro, xornalismo cultural e mellor blog literario. Contará coas actuacións de Najla Shami e Xavier Blanco.

No transcurso da gala tamén se entregará o premio AELG Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga. A Gala das Letras tamén inclúe a entrega dos Premios da Crítica Galega, o premio “Bos e xenerosos” a Sabela Teatro, Achádego Teatro, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Editorial Laiovento, Casahamlet, e o Premio de teatro infantil da A.C. O Facho.

Outros premios que se entregarán na gala son:

Premio AELG Mestes e Mestras da Memoria: Elba Requeijo e Xavier Blanco

Premio AELG Institucións: Proxecto Buxiganga, Área de Cultura da Deputación de Lugo; Premio de teatro Rafael Dieste, Área de Cultura da Deputación de Coruña; Programa anual de Teatro Concello de Narón; e Programa anual de teatro do Concello de Tui.

3 de maio de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.