O teatro Colón pecha o mes de maio co humor de Ilustres Ignorantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

Este sábado 31 de maio ás 20.30 horas volve ao Teatro Colón Ilustres Ignorantes, a versión para teatros do programa de televisión de Javier Coronas, Javier Cansado e Pepe Colubi. Un espectáculo cheo de improvisación que fai que cada proposta sexa imprevisible e única.

Ilustres Ignorantes é un debate a tres bandas que trata de iluminar as nosas mentes. Coronas, Cansado e Colubi contan sempre coa colaboración dun convidado especial. Nesta ocasión será o actor Julián López, coñecido polos seus traballos en Muchachada Nui, Museo Coconut ou La Hora Chanante. Os catro humoristas prometen unha unha hora e media de gargalladas e humor surrealista.

As entradas pódense  adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén nos despachos de billetes do Teatro Colón, do Centro Sociocultural Novacaixagalicia e na web de Servinova a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.

29 de maio de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.