O Santiago Futsal abre as portas da súa canteira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal abre un novo ano as portas da súa canteira, unha das máis prolíficas do fútbol sala nacional, a todos aqueles xogadores e xogadoras interesados en formar parte do club de cara á tempada que vén. A partir de hoxe, todos os nenos e nenas que o desexen, poderán porse en contacto co club para comezar a adestrar co Santiago Futsal e coñecer a metodoloxía de traballo e funcionamento do club.

Para máis información, deberán chamar ao 981.115038 mandar un correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com, onde deberán especificar os datos persoais do xogador (nome, data de nacemento, teléfono de contacto e equipo de procedencia) e desde o club indicaráselles os horarios aos que pode acudir desde xa mesmo a adestrar co equipo da súa categoría. Esta captación está aberta tanto a xogadores como xogadoras, nacidas entre 1995 e 2010.

7 de maio de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.