O Rio Natura Monbus-UCAM Murcia cambia de hora
Informamos que o partido que disputarán na xornada 33 o Rio Natura Monbus e UCAM Murcia celébrase o sábado 17 de maio ás 21.00 horas, en lugar das 20.00 horas programado inicialmente.
Este partido, será a despedida do conxunto até o próximo outubro da súa afección e do Fontes do Sar, ao ser o último que o Rio Natura Monbus xogará como local. Para esta especial cita, os abonados poderán comprar tantas entradas como queiran e onde queiran a un prezo único de 6 euros.
A oferta só está dispoñible en venda anticipada, tanto mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com), como nos dous establecementos físicos da entidade en Santiago: as oficinas do club, situadas no propio Multiusos e con horario de luns a venres e de 10.00 a 14.00 horas, ou a “Miudiño Store”, tenda oficial situada en Área Central (dentro do local Blusens) e con horario de mércores a sábado e de 17.00 a 22.00 horas.
Os prezos xerais para non abonados serán de 35 euros en Tribuna Retráctil, 29 en Tribunas 1, 25 en Tribunas 2 e 19 en Fondos. Tamén se manterán os prezos reducidos de toda a tempada a menores de idade, estudantes menores de 25, maiores de 65 e parados de longa duración. Para eles, o prezo queda en 25 euros Tribunas 1, 19 euros Tribunas 2 e 15 euros Fondos.











