O Rio Natura Monbus poxará roupa e obxectos utilizados polo equipo durante a tempada
O Rio Natura Monbus poxará durante os seus dous últimos partidos no Fontes do Sar a roupa oficial de xogo que o equipo utilizou durante os encontros oficiais da tempada, así como pezas e obxectos pertencentes ao corpo técnico, acción que servirá de axuda ás categorías inferiores do club.
A poxa, que se instalará no hall de entrada do Fontes do Sar, fixará un prezo de saída de cada produto, que os afeccionados interesados en adquirir poderán ir subindo ata media hora despois do último partido na casa (fronte ao UCAM Murcia), cando a poxa se pechará definitivamente.
Para participar, só é necesario presentar o carné de abonado, ou na súa falta, o DNI.
A relación de produtos e prezos de saída é a seguinte:
camiseta do primeiro equipamento e da segunda de cada xogador: 39 euros cada unha; pantalóns do primeiro equipamento e da segunda de cada xogador: 19 euros cada un; cubre titular e cubre utilizado no partido de recordo ás vítimas de Angrois: 29 euros cada un.
Ademais da citada roupa dos xogadores, entrarán na iniciativa as “pizarras” personalizadas de Moncho Fernández, Víctor Pérez e Gonzalo Rodríguez, cun prezo de saída de 25 euros cada unha. Por último, tamén se poxarán cun prezo inicial de 20 euros as gravatas do tres adestradores e do delegado do equipo Fran Grela, pertencentes ao traxe oficial Emidio Tucci que o corpo técnico viste durante os partidos de man do Corte Inglés.











