O rexedor de Monforte convoca aos alcaldes do partido xudicial a unha reunión
O alcalde de Monforte convocou ós demais rexedores do partido xudicial a unha reunión que se celebrará o vindeiro martes día 20 de maio ás 10:30 h. na Casa do Concello da cidade do Cabe.
O asunto que centrará esta reunión será o anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial e, máis en concreto, a supresión de partidos xudiciais contemplada na mesma, entre eles o de Monforte.
Á xuntanza foron convocados os alcaldes de Bóveda, Folgoso do Courel, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.
Esta convocatoria responde ó acordo acadado na reunión que celebraron a pasada semana na localidade de Mondoñedo os alcaldes das vilas lucenses que son cabeza de partido xudicial.











