O rexedor de Ferrol renova o convenio de colaboración co Club Playa de Pantín

Sinatura do convenio
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Deportes que dirixe Susana Martínez Galdós, traballa na vindeira edición do Pantín Classic que se celebrará do 26 ao 31 do vindeiro mes de agosto. Dentro destes preparativos enmárcase o convenio de colaboración que o primeiro edil da cidade, Jose Manuel Rey Varela, asinou hoxe co presidente do Club Playa de Pantín, Miguel Ángel Galeiras Piñón, en que se contempla unha achega económica de 28.000 euros para a organización desta proba de surf de categoría internacional.
O alcalde de Ferrol subliñou que “O Pantín Classic non soamente é deporte; supón un tirón para o turismo da cidade. Onte recibíamos a boa noticia de que as nosas praias pasan de dúas a catro bandeiras azuis; o que contribuirá a seguir situando Ferrol como destino turístico”.
Pola súa banda, o responsable do Cluyb Playa de Pantín agradeceu a colaboración do alcalde e da Concellería de Deportes a esta proba referente no calendario mundial do surf tanto masculino como feminino, e que nesta vindeira edición podería subir unha categoría.











