O rexedor de Ferrol considera “unha boa noticia” o encargo a Navantia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, considerou “unha moi boa noticia” o encargo dun buque por parte da Armada a Navantia – outro barco igual farase en Cádiz- e asegurou que “as cousas mellorarán de aquí co fin de ano” no sector naval ferrolano.

Así o dixo en resposta a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa na que o presidente da SEPI, Ramón Aguirre, fixo o anuncio. Rey Varela xustificou que el é un alcalde “esixente” polas “obrigas” contraídas coa cidade, en alusión á súa participación nunha manifestación en defensa do naval, pero sinalou que agora é momento de estar “agradecido”.

Ao seu xuízo, o dato “máis relevante” é que se trata do primeiro pedido que fai o Goberno de España aos estaleiros públicos en oito anos e compromete unha inversión de 200 millóns de euros. Este encargo únese a “outros pedidos importantes” que se concretaron este ano.

En calquera caso, o rexedor ferrolano animou a “seguir traballando para consolidar o naval en Ferrol”.

7 de maio de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.