O rexedor de Ferrol asina un convenio de colaboración co Club O Parrulo Fútbol Sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e o presidente do Club O Parrulo Fútbol Sala, Julio Martínez, asinaron hoxe un convenio que ascende a 44.070 euros destinados a colaborar economicamente con esta entidade deportiva tanto no ámbito da competición como no da formación de base.

Rey Varela referiuse a O Parrulo como “un club moi especial para todos os ferroláns”, pola súa tradición no fútbol sala. Neste sentido, indicou que os resultados non son o motivo principal que levan a manter a colaboración do Concello con esta entidade deportiva, senón o seu traballo cos equipos de formación.

20 de maio de 2014 | 20:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.