O rexedor de Ferrol asina un convenio co Club Valdetires de Fútbol Sala Feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; asinou hoxe a renovación do convenio de colaboración co Club Valdetires de Fútbol Sala Feminino. Verónica Rodríguez Gómez, en representación da entidade deportiva; e a concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, participaron neste acto que tivo lugar no Salón de Recepcións do Pazo Municipal.

O obxectivo deste acordo de colaboración, que ascende a un total de 34.255 euros, é axudar a sufragar os custes que ten para o Valdetires a súa participación na División de Honra de Fútbol Sala. Rey Varela destacou a tradición que ten Ferrol no deporte en xeral, e nesta disciplina deportiva en particular. Así mesmo, recordou que a cidade acolleu recentemente á elite fútbol sala masculino e feminino coa disputa da fase final da Copa Xunta. Así mesmo, o primeiro edil ferrolán trasladou ao Valdetires a súa felicitación por contar nas súas ringleiras con Erika, xogadora integrante da Selección Española e que vén de gañar o Torneo Internacional de Rusia.

Pola súa banda, a representante do Valdetires agradeceu o apoio do alcalde e da Concellería de Deportes ao club, que permite a súa participación na División de Honra.

12 de maio de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.