O rexedor da Guarda solicita ao Xacobeo unha reunión para tratar o tema do ferri

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O acalde da guarda, José Manuel Domínguez Freitas, en nome propio tamén do Presidente da Cámara de Caminha, fixo chegar a semana pasada unha carta ao Xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, na que prega encarecidamente unha reunión que aborde a cuestión do ferri entre A Guarda e Caminha.

O Camiño Portugués da Costa percorre concellos costeiros grazas ó ferri do norte portugués e sur pontevedrés. “A unión entre Caminha e A Guarda é posible grazas ó ferri e na actualidade presta un mal servizo porque a canle pola que navega o barco ten moi pouco calado, o que supón a supresión de máis da metade das travesías e ocasionalle aos peregrinos esperas de varias horas”, salientou o alcalde da Guarda.

É unha realidade a importancia que ten hoxe en día o Camiño Portugués pola Costa, polo que é necesario que exista un bo servizo que una os dous municipios, xa que cada vez son máis os peregrinos que deciden facer esta ruta. No ano 2013 increméntaronse os peregrinos nun 47 % con respecto ao ano anterior, e actualmente tan só no que vai do mes de maio levamos o dobre de peregrinos que durante todo o mes de maio do ano pasado.

16 de maio de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.