O Real Club Náutico de Vigo dá o pistoletazo de saída á 51ª Martín Códax Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Náutico de Vigo presentou hoxe a súa regata reina de cruceiros: a Martín Códax Rías Baixas. Con máis de medio século ás súas costas –esta edición será a 51ª-, a cita do náutico vigués converteuse en todo un referente da vela española e en 2014 espera superar a cifra de cen barcos na liña de saída que disputarán un percorrido de case 100 millas polas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.

Viviana García, Presidenta do R.C.N. Vigo, estivo acompañada durante o acto por José Ramón Lete Lasa, Director Xeral de Deportes da Xunta de Galicia; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes no Concello de Vigo; Chema Figueroa, Vicepresidente da Deputación de Pontevedra e Pablo Buján, Director Comercial de Adegas Martín Códax . Así mesmo, ao acto asistiron Pati Branco, Director de Relacións Externas do Corte Inglés;María Troncoso, Xefa de Relacións Externas deCoca Cola; María Santoro, Adxunta Capitanía Porto Deportivo de Combarro; Manuel Villaverde, Presidente da Federación Galega de Vela e Juan Balado, Capitán de Corveta da Escola Naval Militar de Marín.

Abriu o acto Viviana García, quen comezaba lembrando que a Martín Códax Rías Baixas superou xa o medio século de vida á vez que mostraba as ganas da Xunta Directiva en continuar co seu traballo: “Pasaron xa 50 anos e imos a por outros 50”. A presidenta do club vigués fixo referencia ao formato no que se disputará unha das regatas máis lonxevas da vela española: “Esta nova edición vai ser moi parecida á do ano pasado, vai consistir en catro días comezando o 13 de agosto e finalizando o sábado 16. Estaremos nos portos de Sanxenxo, A Pobra do Caramiñal, Combarro e Vigo e esperamos a participación de máis de cen barcos e un milleiro de persoas”.

Pablo Buján, Director Comercial de Adegas Martín  Códax resaltou que “somos unha empresa vinculada a esta terra, ao mar e ao aspecto náutico, pero nunha empresa sempre nos reformulamos todo canto facemos. Sempre pensamos en chegar ao 50 aniversario e agora, un ano despois, aquí estamos novamente. Estamos convencidos do que estamos a facer”. En liña coas palabras de Buján, Chema Figueroa resaltou que “a Deputación de Pontevedra vén colaborando nos últimos anos con este evento deportivo, cultural, social e turístico porque abarca todos estes conceptos. Nós tivemos claro desde o primeiro día que as Rías Baixas son a marca de Pontevedra e esa marca había que potenciala. Así se fixo e cando o Real Club Náutico de Vigo deunos a oportunidade de colaborar en con a regata vimos que confluían os intereses tanto da Deputación como do propio club. A nosa colaboración vén sendo habitual nos últimos anos, habemos avaliados e valorado os retornos da regata e podo asegurarlles que son moi positivos para a cidadanía. A regata ten retorno turístico, económico e social e iso é o que fai que continuemos con este patrocinio”.

Finalmente Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, expresou que “desde a administración queremos contribuír con todos os eventos que se desenvolven na cidade de Vigo. Quérolles desexar todos os éxitos do mundo ao Náutico de Vigo. Xa van 50 anos desta regata e agora estamos no 51, aínda que seguro que nos esperan centos”.

Apoio unánime ao Real Club Náutico de Vigo e á Martín Códax Rías Baixas
Os asistentes á presentación da 51ª Martín Códax Rías Baixas deixaron patente que o Real Club Náutico de Vigo e a súa Xunta Directiva están a traballar duramente para seguir organizando eventos de nivel. Así o afirmou Pablo Buján, quen destacou que “estamos novamente na regata grazas ao bo traballo de todos os implicados: directiva e institucións”.

Manel Fernández quixo fai referencia a que se trata dun evento “que ten connotacións turísticas, económicas, sociais e deportivas e que é posible grazas ao esforzo, en primeiro lugar, dos deportistas e, en segundo lugar, dos organizadores. Grazas por iso ao Real Club Náutico de Vigo, á súa directiva e á súa Presidenta”.

Pola súa banda, Chema Figueroa destacou que a regata se segue potenciando,  falamos de máis de cen barcos e un milleiro de participantes, estamos a ver que as cousas se fan ben e hai que continuar e por iso seguimos participando e adiantamos que o apoio futuro está asegurado. Hai un traballo ben feito por parte da Xunta Directiva, que pasou o primeiro listón con boa nota, e iso fai que todos esteamos todos satisfeitos. Imos seguir patrocinando e colaborando coa regata e moitos outros eventos. Entre todos, sumando esforzos,  estamos a facer cidade e potenciando un destino”.

9 de maio de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.