O programa Eurorrexión Activa organiza “A Guarda en Bici”
Dentro do programa “Eurorrexión Activa: vida saudable nos concellos da raia” que fomenta a actividade física en Galicia e o norte de Portugal, vaise organizar no Concello da Guarda A Guarda en Bici.
Esta actividade que está prevista para o 31 de maio ás 18.00 h, coincidindo con A Guarda Doce, consiste nun paseo en bicicleta polas principais rúas da Guarda, apto para todas as idades. Lembrarvos que para participar é obrigatorio o uso de casco.
O evento conta coa colaboración do Club Ciclista Guardés e Policía Local da Guarda.
O circuíto que contará cunha distancia aproximada de 8 km, pasará polas principais rúas da Guarda:
Alameda
Rúa Galicia
Vicente Sobrino
Praza Nova
Praza do Reló
Rúa Calvario
Praza da Guía
Baixada Area Grande
Solanas
Paseo Marítimo
Porto
Rotonda Santa Catalina
Concepción Arenal
María Sexto
A Cal
Manuel Álvarez
Alameda
Piscina Municipal
Aloqueiro (Salcidos)
Cruceiro Pinto (Salcidos)
Alameda