O presidente da Deputación visita Cangas para tratar varios temas de interese municipal

Rafael Louzán na reunión en Cangas
Este mediodía o presidente da Deputación de Pontevedra visitou o concello de Cangas onde se reuniu co alcalde José Enrique Sotelo e con varios membros do equipo de goberno.
Na reunión trataron varios puntos relacionados coas actuacións que está previsto se realicen en breve e coas que colabora a Deputación de Pontevedra. Ademais, o alcalde e o presidente visitaron as obras de acondicionamento que se están a realizar nas Rúas Nova e Retrama, para analizar o estado no que se atopan.
Durante a súa visita o presidente tamén recibiu aos membros da asociación LONG HOPE que lle trasladaron unha petición de parte de todo o colectivo, e ao presidente do Alondras Club de Fútbol.











