O prazo de incrición para participar no “Sendeiro Rías Baixas” finaliza o mércores
O prazo de inscrición para participar na primeira ruta do “Sendeiro Rías Baixas” promovido pola Deputación de Pontevedra remata este mércores día 14 de maio. Os interesados/as deberán inscribirse na Oficina Municipal de Turismo de Cangas.
Esta actividade celebrarase o vindeiro 17 de maio a partir das 10.00 horas, e consiste nunha visita guiada polos 7 quilómetros do entorno do monte do Facho, incluído na Rede Natura 2000 e declarado Sendeiro Azul no ano 2012. O percorrido comezará na escultura da “Caracola” no miradoiro da Costa da Vela e durante o mesmo poderanse contemplar o perfil das Illas Cíes e Ons así coma os restos castrexos do santuario dedicado ao deus Berobreo.
Dende a Concellería de Turismo anímase a participar nesta iniciativa e gozar dun dos espazos naturais emblemáticos de Cangas e que constitúe un dos lugares máis fermosos de Galicia.











