publicidade hoxe

O pleno de Teo volverá a debater o envío da ampliación do contrato a Aquagest no 2007

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A corporación teense reúnese este xoves 08 de febreiro para celebrar unha sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, neste caso ás 19:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O único punto da orde do día aborda de novo a revisiónd e oficio do acordo plenario de abril do 2007 no que se ampliou o contrato de xestión dos servizos de abastecemento e depuración de augas no Concello de Teo. Esta proposta xa se debateu no pleno do mes de febreiro acordando enviar o expediente de revisión ao Consello Consultivo, que debe emitir un ditame establecendo se a citada ampliación é nula de pleno dereito, como entende o goberno municipal. O Consello Consultivo enviou un escrito ao Concello no que se solicitaba unha nova proposta de resolución previa audiencia de novo a Viaqua, a consesionaria do servizo. Unha vez realizado ese trámite volve a pleno a nova proposta que recolle o espíritu do aprobado en febreiro, solicitando de novo un ditame do Consello Consultivo sobre a nulidade do acordo plenario do 2007.

7 de maio de 2014 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.