publicidade hoxe

O pleno de Dodro aproba o Plan DTC 93

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodro
A-
A+

Hoxe aprobouse por maioría en Pleno extraordinario urxente o Plan DTC 93 do Concello de Dodro.

O Plan non puido levarse á sesión ordinaria celebrada o pasado venres por non estar completo o expediente xa que faltaban algúns informes sectoriais pertinentes para a aprobación do Plan e que chegaron ao longo da maña do venres.

Dentro do mesmo solicítanse dous proxectos de obras por un total de 84.476,55 €:

– Reparación do tellado da casa do concello por un importe de 33.442,22€. O tellado da casa do concello sufriu importantes danos este inverno por mor dos temporais chegando a levantarse parte do tellado coa consecuencia de entrada de abundante auga por filtracións nas dependencias municipais.

– Reparación camiño interior de Vigo e outros por un importe de 51.034,33€. Os camiños a reparar están bastante deteriorados e son os seguintes:

-Camiño interior en Vigo

-Reparación pavimento Praza en Eiró

-Reparación e retranqueo liña eléctrica en Imo

-Reparación senda e entorno escola Traxeito

-Reparación camiño Teaio e Paradegua

-Reparación drenaxe transversal na Devesa

-Supresión poste de enerxía eléctrica c. Ameneiro en Imo

É de destacar a importancia que lle dan os concelleiros da oposición aos Plenos municipais non acudindo ao Pleno, sobre todo tratándose da aprobación dun Plan cunha considerable inversión para Dodro. Non acudiu ningún concelleiro non adscrito nin a portavoz do grupo municipal do PSOE. O único concelleiro que acudiu foi o concelleiro do PSOE Jacobo Tanoira. ¡Esta é a responsabilidade dos concelleiros da oposición cos veciños!

O Plan aprobouse cos votos de todos os concelleiros asistentes ao Pleno.

19 de maio de 2014 | 20:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.