O Planetario da Casa das Ciencias acolle sesións especiais sobre a choiva de estrelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A Concellaría de Cultura informa de que, con motivo da choiva de estrelas fugaces prevista para a semana que vén, o vindeiro sábado e domingo -días 17 e 18- a Casa das Ciencias dedicará as sesións do Planetario das 18.00 horas a este fenómeno.

Nesta actividade proxectarase o firmamento destas noites, explicarase a orixe desta corrente de meteoros e proporcionaranse consellos sobre a mellor forma de gozalo. Aínda que as previsións non son moi precisas, espérase que cara ao amencer do 24 de maio prodúzase unha intensa choiva de estrelas fugaces visibles no ceo. Nun lugar afastado da cidade e suficientemente escuro poderían chegar a verse varias estrelas fugaces por minuto, e tamén se prevén abundantes bólidos, é dicir, meteoros cuxo rastro chega a permanecer no ceo durante varios segundos. As estrelas fugaces parecerán xurdir dun punto na constelación de Camelopardalis (a Jirafa), próxima á estrela polar.

Esta corrente meteórica asóciase ao paso da Terra por unha rexión do espazo na que abundan os restos que vai deixando o cometa 2009P/Linear. Este cometa visita as proximidades da Terra cada 5 anos polo menos desde comezos do século XIX, aínda que o seu brillo é tan débil que se detectou por vez primeira en 2004.

14 de maio de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.