O Plan de seguridade do Duatlón de Pontevedra activa a 180 axentes locais e 550 voluntarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle presentaron hoxe o Plan de Seguridade e Mobilidade preparado para o Campionato Mundial de Duatlon.

A concelleira destacou que a celebración do campionato necesita dun importante desplegue de medios materiais e humanos e dun elaborado Plan de Seguridade e Mobilidade que reduzca ao mínimo as molestias que poidan causar os cidadáns as restricións de tráfico e peche de rúas.

O obxectivo primordial do Plan é a total seguridade no desenvolvemento das probas, polo que os circuítos estarán completamente pechados, e garantida unha axeitada fluidez nos desprazamentos dos cidadáns.

O Plan de Seguridade e Mobilidade, coordinado pola Concellería e a Policia Local, divide o ámbito no que se desenvolverá o campionato en sete sectores, cada un deles cun plan específico de tráfico, nos que haberá restriccións de estacionamento e mobilidade.

As zonas que tendrán unha maior restricción de tráfico serán aquelas incluídas dentro do circuíto peonil e as zonas afectadas polo circuíto de bicicleta. As áreas afectas serán anunciadas a través dos medios de comunicación, coa colocación de carteis informativos en portais, garaxes, locais comerciais e cun servizo de información especial de Policia Local. Os peches de rúas e restricción de tráficos dentro dos circuítos terán os seguintes horarios:

• Sábado 31, de 8 a 21.00h

• Domingo 1, de 7.30 a 19.00h

O remate das probas abriranse os circuitos volvéndose a pechar o día seguinte se hai probas.

O Plan de Seguridade conta con máis de 180 policias locais, un servizo especial coordinado entre a garda civil e a policía nacional e máis de 550 voluntarios que facilitarán o normal desenvolvemento das probas. Haberá tamén un servizo especial de emerxencia con once ambulancias, seis servicios médicos e un hospital de campaña. Para as labores de limpeza contarase con sete camións cisterna e catro barredoras.

“A enorme colaboración por parte dos cidadáns e a experiencia por parte da Policía Local contribuirán a que o campionato sexa un éxito” segundo as palabras da concelleira Carme da Silva, que recalcou tamén o seu “agradecemento moi especial ás persoas, que de maneira voluntaria, se volca en que estes eventos teñan un bo resultado”.

O teléfono da Policía Local tendrá un servizo especial de información para todos aqueles cidadáns que teñan calquer dúbida das restriccións do tráfico, mobilidade, estacionamentos… No teléfono 986833080.

16 de maio de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.