O Pazo de Mugartegui acolle en directo o luns o programa de Julia en la Onda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

O programa “Julia en la Onda”, de Onda Cero, emitirase o luns 5 de maio, a partir das 16:00 horas, dende a sede do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, en Pontevedra. Julia Otero volve á súa terra natal para tomar o pulso á realidade económica e social de Galicia, para falar das excelencias dos viños de Rías Baixas e para compartir cos oíntes galegos tres horas de radio en directo.

Julia Otero charlará nesta edición especial do programa co presidente do Consello Regulador D.O. Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, co secretario xeral do citado Consello, Ramón Huidobro.

En “La Mesa de Redacción” do programa do próximo luns estarán presentes Goyo Benítez, Nuria Torreblanca e Mariña Martínez Vicens, comentando algunhas das noticias máis curiosas da xornada. “El Gabinete”, que abrangue a última hora do programa e no que se debate sobre asuntos de actualidade, estará composto nesta ocasión por Elisa Beni e polos “gabineteros” galegos Antón Reixa e Cristina Losada.

2 de maio de 2014 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.