O Meigas Fóra V de José Codesido imponse en Portosín
Emoción até o final xa que a regata decidiuse literalmente no último segundo tras un paso por popa cedendo un estribor do Megias en favor da Rabuda. De aí á liña de chegada tan só uns metros e bordadas opostas; Practicamente no mesmo segundo fixeron entrada os dous barcos sendo Agustín Somoza o Oficial de Regata coa vista fixada na liña, o encargado de sinalar ao gañador mediante o bocinazo final. A alegría e celebración desbordou na embarcación do Meigas tras un intenso traballo durante 7 millas e media.
A regata comezaba, como todas na liña de saída, pero coa diferenza de que cada un ten o seu propio tempo de saída en función da súa velocidade así o primeiro en saír fué o SARA de Rafael Branco seguido a 26 segundos da RABUDA UN. A primeira cinguida fué para A RABUDA que se puxo na cabeza pero seguido moi moi de preto polo SARA que lle colleu o ronsel e non o deixou até practicamente a liña de chegada mateniendo estas dúas embarcacións unha intensa e tensa loita, pero por detrás as embarcacións SIRADELLA e MEIGAS viñan recortando tempo despois de saír a 10 minutos da primra embarcacion e mantendo entre si unha dura loita.
Un ultimo tramo de 1, 5 millas en cinguida expectacular onde se deron cita este catro embarcacións e repartíronse os puntos con diferentes estratégias pero un mesmo obxectivo. SER O MELLOR NA LIÑA DE CHEGADA.
A clasificación queda como segue:
1º MEIGAS FORA de Jose Codesido
2º A RABUDA UN de Fernando Gonzalez
3º SIRADELLA con Francisco Gude á roda.
4º SARA de Rafael Branco
5º KANALA de Ignacio Ecenarro
6º DRACCO de Pablo Oliver
7º INDALO NONO de Jose Antonio Deniz
A próxima cita sera A BAIXA A RIANXO, unha regata costeira de case 40 millas que desprazará a flota portosinense até a localidade de Rianxo.











