O Lesende CF recibe o trofeo de campión do Grupo 5 da Segunda Autonómica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLousame
A-
A+
O Lesende CF coa copa

O Lesende CF coa copa

O Lesende CF recibiu na tarde de onte xoves no campo de fútbol de Cabanetán o trofeo que o acredita como campión do Grupo 5 da Segunda Autonómica. Un acto que tivo lugar despois do II Torneo de Fútbol 8 Benxamín-Alevín do Concello de Lousame e antes do encontro da Copa do Sar fronte ao San Mamede, cuxos xogadores fixeron o paseo de honra aos campións.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o concelleiro de Deportes, Manuel Ourille, felicitaron aos xogadores do Lesende CF e ao presidente do club, José Antonio Fernández Hermo, pola gran temporada realizada e o ascenso á Primeira Autonómica. Fernández Hermo aproveitou para convidar a todos os afeccionados a asistir este domingo 4 de maio, ás 17:00 horas, ao último partido da temporada no campo de Cabanetán contra o Recesende.

A celebración de onte xoves non foi completa xa que o equipo perdeu por 0-1 o seu encontro da Copa do Sar fronte ao San Mamede, despois de que o encontro de ida rematara con empate a un gol.

 

2 de maio de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.