O Jofre de Ferrol acollerá a Gala-Concerto dos premios Voces do Ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Participación e Voceira do Goberno Municipal de Ferrol, Martina Aneiros Barros, foi a encargada de presentar a gala da III edición do Premios “Voces do Ano” que terá lugar mañá sábado no Teatro Jofre a partir das 20.00 horas. Ao acto, que se desenvolveu no Pazo Municipal, asistiu Jose Manuel Grande Morlán, presidente da Asociación Amigos da Lírica de Ferrol, entidade organizadora do evento; así como os cantantes que homenaxearán a xornada de mañá: as soprano Juan Castillo e Sonia de Munk; e o barítono José Julián Frontal.

Así, Juana Castillo, recibirá un recoñecemento a toda a súa traxectoria profesional; mentres que Sonia de Munk e José Julián Frontal serán distinguidos cos premios de Mellor Voz Feminina e Masculina, respectivamente. Os tres cantantes subirán ao escenario do Jofre acompañados do pianista Julián Sanz Riobóo. Amigos da Lírica, é unha entidade fundada no ano 2010 que ten por obxecto difundir a lírica e, en xeral, todo o relacionado co canto, a través de conferencias, edición de libros, charlas… A Gala Voces do Ano é un dos eventos culturais máis importantes dos que organiza esta asociación.

9 de maio de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.