publicidade hoxe

O IGVS adxudicará no verán 24 vivendas de promoción pública construídas en Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrtigueira
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solo está a iniciar os trámites para adxudicar ao longo do vindeiro verán un total 24 vivendas de promoción pública construídas no concello de Ortigueira a través dun sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda na localidade. De non haber demanda suficiente entrarán no sorteo os inscritos no Rexistro en concello limítrofes que teñan solicitado a opción de Ortigueira.

As vivendas adxudicaranse en réxime de alugueiro cando os ingresos familiares ponderados dos adxudicatarios non superen 1,5 veces o Iprem. Se ditos ingresos se atopan entre 1,5 e 2,5 veces o Iprem a adxudicación realizarase en réxime de compravenda, inda que coa posibilidade de cambiar a alugueiro se o adxudicatario o solicita.

Os prezos a pagar dependen de dous factores: a superficie de vivenda adxudicada e os ingresos familiares, ponderados en función de factores como o número de integrantes da unidade familiar.

Desta maneira, o alugueiro poderá oscilar entre 54 e 140 euros mensuais, mentres que o prezo de venda oscila entre 24.700 e 56.200 euros.

Existen vivendas de tres, dous e un dormitorios, distribuídas da seguinte maneira:

• Oito vivendas de tres dormitorio, con superficie útil entre 75,25 e 85,50 metros cadrados.

• Oito vivendas de dous dormitorios, con superficie útil entre 53,50 e 57,50 metros cadrados.

• Oito vivendas de un dormitorios, con superficie útil entre 41,50 e 42,50 metros cadrados.

Todas as vivendas contan con estar-comedor, cociña, baños, lavadoiro, praza de garaxe e rocho.

Os interesados en entrar no sorteo desta vivendas de promoción pública deberán inscribirse o antes posible no Rexistro de Demandantes de Vivenda, para o que poden descargar a solicitude de inscrición da web do IGVS (http://igvs.es/web/actuamos/137) e entregala no Concello, ou ben dirixirse ás oficinas do IGVS en Ferrol, na sede da Xunta de Galicia.

12 de maio de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.