O ICOIIG organiza a segunda Xornada Eólica en Galicia
O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) en colaboración coa empresa ELINSA (Electrotécnica Industrial e Naval S.L.) e a revista galega de enerxía Dínamo Técnica, organiza a Segunda Xornada Eólica en Galicia, que terá lugar o vindeiro xoves 29 de maio na delegación da Coruña de ICOIIG (C/ Alameda 30, 7º), con horario de mañá e tarde. A xornada reunirá a un total de nove poñentes e tres moderadores, referentes do sector da enerxía eólica a nivel nacional.
Iníciase ás 10:45 e consta de 3 mesas. A primeira delas sobre eólica offshore e moderada por Oriol Sarmiento, responsable de comunicación e marketing de ELINSA, contará con Pedro Pérez Gabriel, Conselleiro Delegado (CEO) de Instra Enxeñeiros e de Ecomanagement Technology S.L., Francisco Caamaño Martínez, Responsable territorial en Galicia de negocio renovables de Iberdrola, con José Humberto Domínguez Lens, Offshore Program Office de Gamesa e con José Luis Rodríguez Amenedo, Profesor Titular da Universidad Carlos III de Madrid. A mesa 2 será sobre retrofits e repowering, moderada por D. José Mouriño Díaz, Operation











