O I Torneo Open de Dominó Concello de Cangas reunirá a un centenar de persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O sábado día 24 se celebrará o “I Torneo Open de Dominó Concello de Cangas” organizado pola Asociación Recreativa e Deportiva de Dominó en colaboración coa Fundación Cangas Deporte. O evento terá lugar no Hotel “Don Hotel” e está previsto que asistan preto dun centenar de persoas, entre os 80 xogadores federados e os que se inscriban na modalidade aberta.

Para competir na categoría de grupos cada un dos equipos deberá estar formado por un mínimo de catro parellas e un máximo de sete, e os seus compoñentes deberán estar inscritos na Federación Galega de Dominó.

A modalidade open consistirá en competición por parellas.

O torneo dará comezo a partir das 10.00 horas, de modo que se xoguen catro roldas en horario de mañá e tres en horario de tarde. Nun principio estaba previsto que o torneo comezase ás 11.00 horas pero debido a coincidencia da data de celebración coa final da Champions League a organización decidiu adiantar o evento unha hora.

A duración das partidas será de 55 minutos ou 350 puntos.

Todos aqueles que desexen participar neste evento deportivo poderán inscribirse ata o día 22 de maio chamando ao 607154366// 638789985.

 

6 de maio de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.