O Hockey Club Cambre no Welcome Hockey en Reus

Hockey Club Cambre
O Hockey Club Cambre acudiu durante a pasada ponte do 1 de Maio ao Welcome Hockey organizado polos xogadores do primeiro equipo do Reus Deportivo Roger Molina e Jepi Seva.
Os días 1, 2 e 3 de maio o Hockey Club Cambre, coa colaboración do Concello de Cambre, desprazouse a Reus cos seus equipos benxamín, alevín, infantil e feminino, para participar en 3 intensas xornadas de Hockey sobre patíns.
O Welcome Hockey consiste en desenvolver unhas xornadas de convivencia e intercambio de experiencias por medio de tres facetas como son os adestramentos, os partidos amigables e actividades de lecer con distintos clubs de Cataluña.
Nesta ocasión o intenso programa desenvolveuse da seguinte maneira:
Xornada 1
– Pola mañá, adestramentos con Roger Molina e Jepi Selva
– Pola tarde, partidos amigables en varias categorías contra o Vendrell.
Xornada 2
– Pola mañá, adestramentos con Roger Molina e Jepi Selva
– Pola tarde, partidos amigables contra o Club Patí Riudoms e o Club Hoquei Vilaseca
Xornada 3
– Pola mañá, partidos amigables contra o Club Hoquei Sant Feliu
– Pola tarde, acudir a ver os partidos de semifinais da Final Four de Hockey, organizada en Barcelona.
As xornadas desenvolvéronse nun clima de intenso traballo, diversión e camaradería que fixeron que os participantes vivan unha experiencia única difícil de esquecer.











