O goberno municipal de Nigrán mellora o torreiro de festas de Chandebrito e a contorna da igrexa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Promoción empresarial, Comercio e Emprego, Rosa Rodríguez, visitan as obras de acondicionamento da contorna do torreiro de festas de Chandebrito e a igrexa da parroquia, “unha actuación realizada en colaboración coa Comunidade de Montes de Chandebrito”, apunta o rexedor.

“Esta actuación, acometida con recursos e persoal municipal, mellora de forma considerable un espazo fundamental para a actividade cultural da parroquia así como para o desenvolvemento e consolidación das relacións entre os veciños de Chandebrito”, explica o rexedor municipal.

Así mesmo, Valverde adianta que o goberno municipal prevé acometer outras actuacións de acondicionamento de diversas pistas forestais en Chandebrito, accións que tamén se realizarán en estreita colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia.

12 de maio de 2014 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.