O goberno de Ferrol levará a pleno a aprobación definitiva da ordenanza de terrazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, Guillermo Evia Pérez, levará mañá xoves a Pleno a aprobación definitiva da ordenanza reguladora das terrazas dos establecementos de hostalería, despois de que hoxe fora ditaminada en comisión informativa e de que pasara o período de exposición pública sen que se presentará alegación algunha a devandito texto normativo. O obxectivo desta ordenanza “é regular o uso de superficie do dominio público, ofrecendo un marco normativo máis amplo e con maiores posibilidades e modalidades desenvolvemento da actividade hostaleira”, sinalou o edil ferrolán.

Evia Pérez explicou que o regulamento establece dous tipos de terrazas, as que teñen cerramento estable e as que non o teñen; e establece o concepto de espazo saturado que se fixa nun 25% da superficie transitable no caso de prazas, espazos libres e singulares. Ademais, o titular de Urbanismo subliñou que esta é a primeira ordenanza municipal que pretende regular o establecemento de terrazas en todo o ámbito da cidade; e que nela se lle da prioridade ao cidadán ao peón. Así mesmo, o titular de Urbanismo destacou que a ordenanza “ten en conta, como non podía ser doutro xeito, toda a normativa de accesibilidade”. Así as cousas, o texto normativo destaca pola súa intención de favorecer a actividade hostaleira e, ao mesmo tempo, a convivencia nos espazos públicos de residentes, peonís e establecementos. Ademais, a nova ordenanza tenda dar resposta as ás demandas dos propios hostaleiros e na súa redacción se tiveron en conta as súas suxestións.

Así mesmo, outro dos puntos da normativa establece que non se autorizará máis dunha terraza por establecemento e non poderán estar instaladas no interior de espazos axardinados. No caso de prazas e espazos libres ou singulares, e no seu contorno inmediato, nos que poida ser necesario distribuír un espazo limitado entre varios establecementos con opción a ocupalo, o Concello se reserva o dereito a determinar na autorización o número máximo de módulos da terraza, as condicións ou restricións que se estimen oportunas, así como a súa concreta localización. Así, as solicitudes para a instalación de terrazas en zonas peonís se resolverán segundo as peculiaridades de cada caso concreto, atendendo ás circunstancias do entorno, impacto visual, fluxo de persoas e vehículos autorizados, normativa de accesibilidade, acceso a portais e pasaxes, así como outras que se estimen pertinentes.

Horarios

En canto aos horarios de funcionamento das terrazas, será ata a 01:00 horas durante os meses de xullo, agosto e setembro; ata as 23:00 horas o resto do ano entre semana; e ata as 24:00 horas os venres e sábado, podendo prorrogarse en época de festas. A normativa establece que a prohibición de publicidade nos elementos de mobiliario urbano instalados nas terrazas, permitíndose a colocación do nome do establecemento ou do seu logotipo en toldos, parasoles, elementos de protección, cortaventos e pechamentos. Así, non se permitirá almacenar ou amorear produtos por razóns de estética e hixiene e non se autorizará a instalación de cableado eléctrico nas mesmas.

No que respecta ás condicións do espazo no que se pretenda instalar a terraza, a ordenanza recolle as seguintes modalidades de ocupación: en rúas de tráfico rodado a terraza situarase na beirarrúa procurando a accesibilidade universal a edificios e establecementos, así como a persoas con discapacidade visual, e non poderá sobrepasar a porción de fachada ocupada polo local; se deberá preservar as zonas de acceso a paso de peóns, polo que nas rúas de tránsito peonil e con carácter xeral, as terrazas se situarán no interior da calzada; e serán autorizables as terrazas abeiradas á fachada cando a configuración física da rúa o aconselle.

Requisitos e características do mobiliario

En canto á instalación das terrazas e o seu mobiliario, deberán cumprir uns requisitos polo que a normativa establece que non se poderá colocar mobiliario, elementos decorativos ou revestimento de chan que non estean incluídos expresamente na autorización; e estará prohibida a instalación de máquinas expendedoras, recreativas, de xogos de azar, billares, futbolíns, barras auxiliares ou calquera outra de características análogas e de equipos audiovisuais e actuacións en directo. Así mesmo, as mesas e cadeiras do establecemento deberán deixar completamente libres as paradas, as pasaxes de vehículos, as saídas de emerxencias e respectar unha distancia suficientes aos elementos de mobiliario urbano así como garantir o acceso a todos os servizos e equipamentos municipais e os elementos do mobiliario serán retirados da vía pública ao finalizar o horario de funcionamento do establecemento. As terrazas con pechamentos estables terán que estar retranqueadas da fachada.

A ordenanza reguladora das terrazas de establecementos de hostalería tamén establece as características e dimensións do mobiliario que se instalará. Así con carácter xeral, o módulo tipo estará constituído por unha mesa e catro cadeiras enfrontadas dúas a dúas que serán de aluminio. As mesas poderán ser tanto cadradas como circulares e cunha dimensión aproximada de 80 centímetros de lado ou diámetro. Así mesmo, os elementos de protección ou cortaventos delimitarán a terraza e poderán ser instaladas modelos homologados de estufas de baixo consumo que deberán ser portátiles. As autorizacións para a instalación de terrazas serán de carácter anual e tamén poderán ser solicitadas con motivo da Semana Santa, verán ou outros actos de promoción turística da cidade, finalizando a autorización ao remate do período de festas. Este permiso anual se renovará automaticamente sempre e cando non se produzan modificacións nas condicións de autorización.

Comisión de avaliación

O edil de Urbanismo explicou que unha comisión de avaliación técnica de terrazas ditaminará as características das mesmas, a súa composición, alturas, materiais e cores, así como a súa ubicación e espazo de uso público a ocupar. Ademais, durante o tempo de tramitación da ordenanza reguladora das terrazas de establecementos de hostalería da cidade e ata a súa entrada en vigor poderán concederse novas autorización segundo a normativa anterior, que en todo caso perderán a súa vixencia o 31 de agosto de 2014.

28 de maio de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.