O galego Miguel Fernández Vasco gaña a Copa de España 2014 da clase olímpica Finn
O encoro de Entrepeñas acolleu do 1 ao 3 de maio a Copa de España 2014 da clase olímpica Finn organizada polo Club Náutico de Entrepeñas e que concluíu co triunfo do galego Miguel Fernández Vasco do CM Oza “O Puntal”.
Disputada en augas do encoro de Entrepeñas con ventos con pouca forza salvo a xornada do venres. Nesta edición da Copa de España, estiveron presentes participantes de Andalucía, Galicia, Murcia, Cataluña e Castela-A Mancha.
O galego Miguel Fernández Vasco (con dous primeiros, un segundo e un cuarto) proclamouse campión de España mentres que Cristián Wagner fíxose co título de Campión de Castela-A Mancha nunha competida serie.
Tras a consecución da Copa de España, Miguel xa se atopa na Rochelle ( Francia ) para participar no Campionato de Europa da clase que comezou o 5 de Maio e terminará o sábado 10 coa Medal Race reservada para os 10 mellores.











