O fútbol sala está máis preto da xente co Azkar Lugo FS e a Fundación Azkar
Onte luns o Azkar Lugo FS e a Fundación Azkar volveron levar a cabo un ano máis a súa actividade “Fútbol sala na rúa” que ten como obxectivo achegar o deporte aos máis novos e ademais promocionar a Escola de fútbol sala Terra para que así as persoas que non a coñecen poidan ver de primeira man como se traballa na canteira do club. Así, durante as dúas horas nas que se estendeu a actividade, dous equipos da base da entidade realizaron sobre a Praza de Augas Ferreas da capital lucense os seus adestramentos e compartiron momentos xunto a pícaros e pícaras externas á Escola, pero que se animaron a gozar durante uns momentos.
Grazas á colaboración da empresa de animación, lecer e tempo libre IG10 (www.ig10.es), a actividade contou coa instalación dunha pista xigante de fútbol sala, así como unha portería hinchable de precisión na que os asistentes puidéronse levar diferentes agasallos e contar con animación musical durante a tarde.