O filial do Azkar Lugo acabou a liga con vitoria e con Javi Río como máximo goleador da categoría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Aínda que o equipo filial, o Azkar Lugo B, non puido evitar o seu descenso de categoría do grupo I da 2ª división B ao finalizar como último clasificado, 13º clasificado con 18 puntos, os lucenses despediron do mellor xeito posible o curso deportivo o pasado sábado e fixérono con vitoria ante o Albense (5-2).

Bo partido do Azkar Lugo B que pese ás numerosas baixas, selou uns bos corenta minutos de encontro para acabar con boas sensacións a campaña. E é que o Azkar Lugo B comezaría da mellor forma posible o choque, aproveitando dous bos contraataques para poñerse cun favorable 2-0. Aí o Albense buscou con máis corazón que cabeza a meta visitante e atopouse cun Yago Balsa seguro baixo paus. Coa vantaxe de dous goles chegouse ao descanso e no reinicio viuse a un equipo capaz de ampliar a vantaxe con dous novos goles (4-0). Vitoria cómoda para os azuis que vían como o seu rival era incapaz de facerlle gol, e é que a defensa lucense era férrea e infranqueable. Pese ao gol aos 33 minutos dos visitantes, a vitoria non pasou por apuros e un gol para cada equipo na recta final selaría o 5-2 definitivo.

Ademais os galegos finalizaron con outra boa noticia a liga e é que o xogador dos lucenses, Javi Río, finalizou a mesma como máximo goleador deste Grupo I grazas aos seus 35 goles, empatado co xogador do Pizarras Tres Cuñados, Bruno, que finalizou tamén co mesmo números goles, pero o xogador lucense obtivo un mellor promedio de goles por partido.

Ficha técnica:
Azkar Lugo B 5: Yago Balsa, Cabanas, Tizón, Diego e Javi Río, -cinco inicial-, André, José López, Zala e Nacho.
Albense 2: Miguel, Pablo, Dani, Óscar e Chino, -cinco inicial-, Azman, Isaac, Marcos, Mini, Rober e Jaime.
Árbitros: Álvarez Rueda e Santobeña Fernández (comité asturiano). Amonestaron con tarxeta amarela a Tizón, Javi Río e André (Azkar B) e a Óscar, Dani, Chino e Jaime (Albense). Expulsaron por dobre amarela a Diego e José López (Azkar B).
Incidencias: 26ª xornada de liga no grupo I da 2ª división B. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Goles: 1-0 min. 5 Javi Río, 2-0 min. 6 Zala, 3-0 min. 21 Diego, 4-0 min. 26 Zala, 4-1 min. 33 Isaac, 5-1 min. 36 Zala e 5-2 min. 38 Jaime (penalti).

12 de maio de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.