O Festival de Cine de Ourense xa ten cartaz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Cartaz Ouff

Cartaz Ouff

A 19º Edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, que se celebrará entre os días 15 e 23 do mes de novembro, xa ten cartaz oficial. Esta mañá tivo lugar no Centro Municipal Anxel Valente, unha roda de prensa para dar a coñecer a que será a imaxe do Festival para este 2014. A creación é do artista Hugo Bellido, e levouse a cabo logo de que se recibiran diferentes propostas por parte dalgúns creativos.

Datos da competición da 19º Edición

Este ano as Bases da Competición Oficial foron aprobadas a finais de marzo, polo que a estas alturas xa comezaron a chegar traballos ao Festival. A data de inscrición finaliza o días 1 de setembro. Neste momento, dispomos de cerca de medio centenar de traballos que xa se están visualizando para a súa selección final e chegan desde diferentes países como España, Servia, Bosnia, Turquía, Ucrania, Alemaña, Italia…

Concurso Ouff – Escola

Outra das novidades é a recuperación do Concurso Ouff – Escola, que o pasado ano non estivo presente no Festival de Cine, si ben se proxectaron algunhas películas de carácter infantil. As bases deste certame a foron aprobadas tamén no mes de marzo e contan coa colaboración da Xunta de Galicia. O concurso establece dúas categorías, a primeira para alumnos de infantil e primaria, e a segunda para outros niveis de ensino non universitario. As obras terán que ser inscritas antes do día 27 de xuño, e o xurado, que será o encargado de seleccionar aos gañadores, estará composto por cinco persoas. Neste momento dispoñemos dalgunha delas chegadas de Ourense, Pontevedra e A Coruña, e outras sabemos que están en proceso de produción.

Outros contidos

Tal e como ven sendo habitual, o Festival manterá as súas proxeccións integradas na Competición Oficial e nos Ciclos paralelos, que neste momento, se están a pechar. Se lle dedicará unha mención especial ás producións cinematográficas galegas destacando unha Xornada Especial con motivo da celebración do 25 aniversario das primeiras longametraxes galegas coa proxección de Sempre Xonxa, Urxa, Continental.

21 de maio de 2014 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.