O edil de Deportes de Cangas entrega material deportivo para disfrute dos usuarios do centro Juan XXIII
Esta mañá o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño visitou o centro “Juan XXIII” para facerlle entrega aos usuarios do mesmo de material deportivo proporcionado pola Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.
Este “lote”deportivo está composto por varios balóns de diferentes deportes grazas aos cales os usuarios do centro poderán practicar fútbol sala, baloncesto ou balonmán cun material adecuado para cada unha destas actividades deportivas.
O concelleiro de Deportes aproveitou a ocasión para visitar as instalacións do “Juan XXIII” e coñecer de primeira man as múltiples e diferentes actividades que os usuarios realizan na súa rutina diaria coma labores de carpintería, costura ou elaboración de papel reciclado.











