O día das Letras Galegas homenaxearase á agrupación “La Unión” de Bermés

Presentación do acto de homenaxe
O tenente alcalde, Román Rodríguez, desprazouse esta mañá a Bermés, onde tivo un encontro co presidente da asociación “La Unión”, José Ángel López Gutiérrez, para ultimar os preparativos do dito acto de tributo que darán comezo a partir das 17 horas que abranguerán unha ofrenda floral aos músicos falecidos, seguido do acto central presentado polo xornalista de Bermés Armando Vázquez e un pequeno concerto a cargo da Banda Municipal de Lalín e algúns dos músicos da Banda “La Unión” xunto con novos músicos e músicas de Bermés.
O tenente alcalde, Román Rodríguez, desprazouse na mañá de hoxe a Bermés, onde mantivo un encontro co presidente da asociación “La Unión” da dita parroquia, José Ángel López Gutiérrez, para ultimar os preparativos do acto de homenaxe á histórica Banda “La Unión de Bermés” desaparecida hai algunhas décadas, e no que levan tempo traballando os veciños, en colaboración directa co Concello.
Así Román Rodríguez e Ángel López avanzaron que “a dita homenaxe terá lugar na tarde do sábado, 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Campo da Festa de Bermés”. Desvelaron así mesmo que o programa de actividades dará comezo ás 17.00 horas cunha pasarrúas da Banda de Lalín ata o Campo da Festa; ás 17.30 horas celebrarase unha misa e ofrenda floral na honra dos músicos falecidos para, sobre ás 18.00 horas, dar inicio ao propio acto de homenaxe, presentado polo periodista nado na dita parroquia, Armando Vázquez. O acto rematará co descubrimento dunha placa en homenaxe á banda no Palco da Festa e un pequeno concerto a cargo da Banda Municipal de Lalín e a algúns dos músicos da Banda “La Unión” xunto con novos músicos e músicas de Bermés, que tocarán a peza final”.
O tenente alcalde e o presidente de “La Unión” explicaron ademais que “a xornada de tributo á Banda de Bermés abranguerá tamén unha visita que se realizará a unha exposición de obxectos antigos pertencentes aos integrantes da Banda “La Unión” de Bermés, emprazada no centro social”.
A xornada completarase cunha cea no campo da festa na que poderá participar calquera persoa previa retirada de invitación ata o mércores 17 de maio a un prezo unitario de 18 euros. As reservas poderanse facer nos teléfonos: 678 447 936 e 664 788 084 e as invitacións recolleranse no Bar Caminero (Bermés), Bar Suso (Carragoso), Bar Xeitoso (Santiso), Casa Pablo (A Goleta), Bar Mordisco (Carragoso) e Bar Catro Camiños (Cercio).
Román Rodríguez agradece a implicación amosada pola asociación de veciños para realizar este recoñecemento a esta histórica banda que funcionou durante case medio século, entre 1925 ata 1973 e anima a todos os lalinenses a participar nesta homenaxe que terá lugar no “Día das Letras Galegas”. Ao mesmo tempo dá “as grazas á asociación de veciños pola elaboración dun programa de actos tan amplo que sirva para lembrar o traballo de difusión da música e do nome de Lalín e de Bermés, que levou a cabo esta Banda na primeira metade do século XX”.
REUNIÓN CO ALCALDE EN FEBREIRO
É de destacar a implicación do Concello no desenvolvemento deste acto homenaxe. Proba diso é que xa no pasado mes de febreiro o alcalde de Lalín, José Crespo, e o tenente alcalde, Román Rodríguez, mantiveron un encontro cos membros da asociación de veciños de Bermés para comezar a traballar na realización da dita homenaxe á histórica Banda de Música “La Unión” de Bermés que se levará adiante, despois de varios meses de traballo, o sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, no campo da Festa da dita parroquia.











