O CSIC localiza as zonas de posta de polbo e sepia no Parque Nacional das Illas Atlánticas

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Macho de polbo. Foto: CSIC

Macho de polbo. Foto: CSIC

Tras tres anos de investigación, membros do IIM (Vigo) e do IMEDEA (Illas Baleares) localizaron no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNIAG) as zonas de posta de polbo e sepia, e logrado o propio para a lura no Parque Nacional de Cabrera (PNCA).

No PNIAG, onde se realizaron 100 censos visuais mediante mergullo autónomo, filmáronse por primeira vez na natureza o comportamento caníbal do polbo e goridas estables desta especie, e monitorizados os principais parámetros ambientais que contribúen ao desenvolvemento dunha posta nunha femia durante os catro meses de coidado dos ovos.

Estes e outros resultados están a dar lugar a artigos científicos en revistas de impacto e a traballos fin de máster.

Nestes momentos, o Grupo de investigación ECOBIOMAR (IIM), en colaboración co Concello de Vigo, as autoridades do PNIAG e profesionais da comunicación audiovisual, están a realizar as primeiras montaxes dun documental cuxo obxectivo é mostrar ao público xeral os bens e servizos que se poden conseguir conservando os fondos mariños do medio natural. Ademais, nos próximos meses, o CSIC remitirá aos organismos competentes na materia unha proposta de plan de continxencia para a conservación e protección das áreas de posta e alevinaxe das tres especies en ambos os Parques.

19 de maio de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.