O conselleiro de Medio Ambiente reunirase o vindeiro luns co alcalde de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reunirase o vindeiro luns co alcalde, Severino Rodríguez, e cos voceiros dos grupos políticos municipais.

A reunión, solicitada polo alcalde, celebrarase na Casa do Concello de Monforte ás 10:00 h.

A finalidade deste encontro é analizar o informe sobre a situación da rede de saneamento de Monforte de Lemos, estudo elaborado pola entidade Augas de Galicia, e comezar a por as bases para procurar solucións ás deficiencias da citada rede.

Severino Rodríguez tamén solicitou outra reunión polo mesmo motivo co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín.

30 de maio de 2014 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.