O concello do Carballiño poñerá sifóns no alcantarillado para eliminar os malos cheiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño anunciaba que se van a instalar sifóns nos rexistros da rede de alcantarillado, para evitar que os malos cheiros suban e se perciban nas rúas da vila. Estes sifóns colocaranse, primeramente, nos puntos onde se está detectando estes malos cheiros.

É habitual que, cando deixa de chover e polo tanto de circular a auga pola rede de alcantarillado municipal, os rexistros desta comecen a desprender mal cheiro. Esta é unha situación que se dá habitualmente na primavera e verán, estacións máis secas, e que agora pretenden erradicar desde o concello, para que a solución sexa definitiva.

Así mesmo tamén se instará a Viaqua, para que realice unha limpeza de toda a rede, e sobre todo nos puntos máis conflictivos.

Os sifóns que se van a instalar son uns artefactos que, colgados do propio rexistro da alcantarilla, contén sempre auga, co que impiden que o aire que circula pola rede mentres non leva auga, suban e se expandan polas rúas.

6 de maio de 2014 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.