O Concello de Vilagarcía informa sobre as reparacións no centro sociocultural de Cea tras o lume do martes
O concelleiro de relacións Veciñais, Manuel Méndez, reúnese esta tarde cos veciños de Cea para informarlles das actuacións que levará a cabo o Concello no centro socio cultural da parroquia para arranxar os desperfectos ocasionados polo conato de incendio rexistrado o martes. O Concello encargarase de limpar e pintar as instalacións que resultaron afectadas polo fume, xa que non se produciron outro tipo de danos.
O concelleiro desprazarase ás seis da tarde ao centro sociocultural de Cea para manter un encontro cos veciños e explicarlles as xestións realizadas pola concelleira de Atención Cidadá, Rocío Llovo, que onte mesmo dou conta á compañía aseguradora do incidente a efectos de que o seguro cubra as actuacións a levar a cabo para que a casa de cultura estea en perfectas condicións de uso coa maior brevidade posible. Méndez comentará que un perito da compañía visitará o centro sociocultural para avaliar os traballos a realizar e ordenar a realización dos mesmos.
O conato de incendio rexistrado o martes no centros sociocultural de cea xerouse no interior dunha caixa de roupa que a asociación tiña almacenada no centro para a realización dun mercadiño. Descoñécese que foi o que motivou o lume que, afortunadamente non se propagou polo edificio. Os maiores danos, aparte da roupa queimada, consisten nos efectos causados polo fume que ensuciou tanto o mobiliario, como as pareces e os teitos.











