O Concello de Vilagarcía denunciará aos responsables dos destrozos no mobiliario urbano e nos bens municipais
O Concello denunciará ante as autoridades xudiciais ás persoas responsables de destrozos no mobiliario urbano e nos bens públicos municipais. Así o asegurou o concelleiro de Parques e Xardíns, Jesús Longa, despois de que esta fin de semana se volveran a rexistrar novos danos nos instalacións do Miguel Hernández. O edil solicita a colaboración dos veciños aos que solicita que avisen á Policía se ven actuar aos vándalos ou que proporcionen información que axude a identificalos. Ademais advertiu que se intensificará a vixilancia.
Despois da xornada de Santa Rita, na que o mesmo día da apertura do novo parque infantil do Miguel Hernández foron arrancados dous elementos decorativos do castelo, esta fin de semana volveron a rexistrarse danos tanto na zona infantil como no mobiliario da zona de esparexemento. En concreto, apareceron rotas ou arrancadas dende a base a maioría das papeleiras de inox do parque ao igual que unha fonte de premedor. E na zona de xogos dos nenos, os vándalos romperon varios elementos da estrutura “as agullas dun reloxo, un adorno en forma de seta e dous paxaros) e tumbaron un balancín.
O edil fixo un chamamento aos veciños para que colaboren no coidado dos bens públicos e para que denuncien a aqueles que non os respectan xa que “este tipo de accións incívicas e vandálicas, ao final, pagámoas todos”.











