O Concello de Vilagarcía convoca á comisión de desafiuzamentos para abordar o caso dunha familia dos Duráns
A concelleira de Traballo e Benestar, Elena Suárez, convocou para o mércores, 7 de maio, á primeira reunión da Comisión de Desafiuzamentos co obxecto de abordar o caso dunha familia dos Duráns. A parella afectada foi recibida esta mañá pola edil e técnicos de servizos Sociais para analizar a situación na que se atopan e asesoralos ao respecto. O resultado da reunión foi tranquilizador, posto que se comprobou que o procedemento acaba de iniciarse e conleva unha longa tramitación, polo que non existe risco inminente de desafiuzamento, e da marxe para a busca de alternativas.
A familia afectada pola orde xudicial de desafiuzamento mantivo esta mañá un primeiro encontro coa concelleira de Sevizos Sociais, un traballador Social e a Educadora Familiar dos Servizos Sociais do Concello, reunión na que tamén participou o voceiro de EU, Juan Fajardo. A continuación, os dous membros desta familia mantiveron un encontro coa asesora xurídica do Concello que se encarga deste tipo de casos.
Unha vez recompilada a información relativa ao caso, este será abordado o mércores na reunión da Comisión de Desafiuzamentos que acaba de convocar a concelleira. Esta será a primeira reunión deste4 órgano que se crea dando resposta a un compromiso plenario. Na comisión estarán representados os partidos políticos da Corporación Municipal e representantes da Asociación de Loita contra o Paro de Arousa (Alpa)











