O Concello de Vilagarcía acomete o asfaltado da rúa Preguntoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os traballos previos para o acondicionamento do firme da rúa Preguntoiro, en Vilaxóan, comezaron esta mesma mañá coa limpeza dos arcéns. O Concello financia a actuación de mellora da rede viaria do municipio e que consistirá no asfaltado de toda a rúa, traballos que se espera levar a cabo a vindeira semana se as condicións meteorolóxicas o permiten.

A concelleira de Obras, Ana Granja, informou de que esta mesma mañá varios operarias da empresa adxudicataria das obras comezaron a traballar rúa Preguntorio, que enlaza a estrada a Cambados con beiramar á altura das naves de Peña. Esta vía presentaba numerosas deficiencias no seu firme, que se veu moi prexudicado pola acción dos temporais do inverno pasado.

Nesta mesma liña de actuacións de mellora da rede viaria municipal, o Concello tamén adxudicou xa o asfaltado doutras dúas rúas en Carril, concretamente en Castillejas e Cervantes.

29 de maio de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.