O Concello de Vigo cooperará co Congreso Internacional de Fitorremediación de Solos Contaminados

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde, Abel Caballero, recibiu na mañá de hoxe mércores ao comité organizador deste Congreso Internacional que se organiza dende a Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. O mes elexido para esta convención será o próximo xullo. O rexedor salientou que será un congreso “moi potente” e que contará co apoio do concello, xa que dende a administración local sempre se impulsan os congresos internacionais, científicos e de calqueira característica, que se celebran en Vigo.

14 de maio de 2014 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.