O Concello de Salvaterra de Miño organiza por terceiro ano consecutivo a súa quedada BTT
O próximo 1 de xuño ás 9.30 sairá dende o Pavillón Municipal Cándido Carrera a 3ª BTT Regatos Salvaterra de Miño, cun percorrido de 30km que discorrerá por diferente puntos do noso municipio.
Fai deporte, participa con nos colaborando con alimentos non perecedoiros e sobre todo pasa unha mañá de domingo diferente disfrutando das paisaxes tan fermosas que ofrece Salvaterra.
Ademais recorda que os 200 primeiros insxritos terán un agasallo.











