O Concello de Pontevedra habilita 40.000 euros para subvencións de Cultura neste ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) publica esta mañá as bases para a concesión de subvencións de Cultura (en réxime de libre concorrencia) para fomentar actividades culturais promovidas por personas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro que poidan ser consideradas de interese social.

A convocatoria ten por obxecto fomentar actividades ou programas de interese cultural que se desenvolvan dende o 1 de xaneiro até o 31 de agosto.

O orzamento ascende a 40.000 Euros e estará suxeita á Ordenanza xeral de subvencións, en réxime de concorrancia competitiva. Poden optar ás subvencións todas aquelas personas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro que realicen as súas actividades ou programas culturais no ámbito territorial do municipio. Os interesados poden presentar as súas solicitudes dende mañá e durante 15 días.

O Boletín Oficial da Provincia recolle toda a información necesaria (bases, requisitos, criterios de valoración, plazos de presentación…) para concurrir a estas subvencións.

12 de maio de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.