O Concello de Pontevedra aposta pola convivencia pacífica de cidadáns e cans no espazo público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira mantivo esta mañá unha reunión cun colectivo de cans que solicita un espazo público para uso exclusivo dos animais. Miguel Filgueira reiteroulles que o Concello aposta pola convivencia pacífica entre cidadáns e animais no espazo público –coma sempre-, presidida polo sentido común. O concelleiro lembrou que esta polémica trasladouse ao plano público cando a Policía iniciou unha campaña de control de cans na rúa, un traballo habitual e frecuente por parte dos axentes locais. Nesta ocasión impuxéronse 15 multas, das cales 10 foron a animais potencialmente perigosos por camiñar pola rúa, de día, sen correa nin bozal.

Dende a Concellaría lémbrase que o Concello ten censados 10.000 cans chipeados dende 2009, polo que as 15 multas impostas son unha porcentaxe irrisoria en función do número de animais chipeados, e moito máis si se ten en conta os que non o están.

A pesar das críticas procedentes deste colectivo, o concelleiro anunciou que o Concello non deixará de cumprir o bando a este respecto. É dicir, non deixará de controlar os animais na vía pública –especialmente en horas de gran afluencia de persoas na rúa-, e non rebaixará as contías das multas que poden chegar a un máximo de 300 euros, porque así está fixado no bando.

14 de maio de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.