O Concello de Ourense organiza a Xornada “Econegocios: unha visión emprendedora no espazo rural”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense, socio do proxecto de cooperación transfronteiriza Valor Gerês-Xurés (http://www.valorgeres-xures.pt/), cofinanciado polo FEDER, organiza unha xornada para fomentar e apoiar o emprendemento en econegocios, que se desenvolverá este xoves, 15 de maio, na Sala José Ángel Valente (antiga sede do Banco de España).

O obxectivo da xornada é difundir estratexias, experiencias e boas prácticas de creación de negocios en espacios rurais diferenciados polo seu valor natural e o seu potencial de desenvolvemento sostible, así como xerar ideas, propostas e alternativas para que os emprendedores descubran e coñezan as claves para deseñar e desenvolver econegocios en espacios rurais.

A través de charlas e paneis de experiencias emprendedoras, trataranse temas como a innovación turística, a valorización de recursos endóxenos no espacio rural, a xestión do patrimonio inmaterial e o ecodesenvolvemento.

Tamén os emprendedores que están desenvolvendo a súa actividade ou aqueles que teñen ideas ou proxectos susceptibles de valorizar as áreas naturais, poderán presentalas ao longo da xornada.

Esta actividade, en xornada de mañá e tarde, está dirixida a representantes do mundo empresarial-académico, axentes sociais ou de desenvolvemento local, pemes, emprendedores e público en xeral.

13 de maio de 2014 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.